Dende a Concellería de Cultura apóstase pola difusión e utilización dos recursos culturais de Salvaterra: exposicións e obradoiros para os centros de ensino, actividades para nenos/as e maiores, obras de teatro para todo o público, e o aproveitamento da Escola de Música, a Biblioteca, a Aula Informática e o Centro Cultural (Casa da Cultura).
Programas e servizos
Axenda cultural anual
Festa do Viño Espumoso, O Son da Muralla, Festa do Viño Condado, Nadal, Entroido, Enterro da Lamprea, Rosalía, Día da Muller Traballadora, Día da Árbore, Semana Santa, Mes do Libro, Letras Galegas, Festa do Cristo, San Xoán, campamentos e o Verán Cultural, ademais de xornadas de sensibilización (cancro de mama, violencia de xénero).
Biblioteca Municipal
Antiga Casa Consistorial, Praza do Castelo nº1. Acceso con tarxeta: luns a xoves 8:00-22:00, venres a domingo 8:00-00:00. 5 ordenadores de consulta (require alta na Rede de Bibliotecas de Galicia). Tel. 637 10 83 43.
Casas Multiusos
11 casas repartidas polas parroquias, como punto de encontro veciñal e eixo do tecido asociativo local.
Tecido asociativo
Categorías de asociacións que traballan en colaboración co concello:
Pra trámites e xestións relacionadas, podes solicitar cita previa por teléfono ou realizar a xestión na sede electrónica.
