O Concello de Salvaterra de Miño, na súa política de promoción da educación, ten implementadas varias medidas e axudas dende o nivel de educación infantil ata o nivel de bacharelato.
Programas e servizos
Ciclos formativos do IES Salvaterra
Grao Medio en Soldadura e Caldeiraría; FP Básica de Carpintaría e Moble.
Axuda material escolar infantil
Axuda municipal para material escolar na etapa de educación infantil.
Concursos escolares
Concurso contra a Violencia de Xénero (8 de marzo, IES Salvaterra) e Concurso de Letras Galegas (17 de maio, marcapáxinas, centros de infantil e primaria).
Programa "Lácteos nas Aulas"
Reparto de iogures líquidos nos centros educativos do municipio.
Premios de Educación
Convocatoria anual que recoñece o esforzo do mellor alumnado do municipio.
Lotes informáticos (tablet, funda, memoria e powerbank) para o mellor expediente de FP Grao Medio, FP Básica, 4º da ESO e primaria.
Bolsas de estudo: tres semanas no Reino Unido en agosto, con aloxamento, curso de inglés e gastos incluídos, para o mellor expediente de 2º de Bacharelato.
Pra trámites e xestións relacionadas, podes solicitar cita previa por teléfono ou realizar a xestión na sede electrónica.
