
Cultura
Salvaterra bailará ao ritmo dos grandes éxitos na 8ª edición de "Imos de Guateque"
05/08/2026
O Recinto da Muralla de Salvaterra de Miño converterase o venres 8 de agosto no epicentro da música remember coa celebración da oitava edición de "Imos de Guateque". A programación estará protagonizada polo grupo El Último Guateque. Un dos grandes atractivos da noite será a actuación do Dreamteam, formado por Toni Peret e Quique Tejada, creadores dalgúns dos megamixes máis exitosos do país como Max Mix, Máquina Total, Bolero Mix, Ibiza Mix ou Lo + Duro. Como novidade desta edición, o Concello instalará unha plataforma de vídeo 360º, e ao longo da noite haberá sorteos entre o público caracterizado: unha viaxe a Benidorm, unha escapada de fin de semana e unha cea romántica.
Volver a noticias

